Historias

de España e do Mundo, para o Bacharelato

As transformacións socioeconómicas na España liberal

Tema 6: As transformacións socioeconómicas na España liberal

Paralelamente á construción do Estado liberal tivo lugar en España, ao longo do S XIX e as primeiras décadas do XX, un proceso de profunda transformación económica. Ao igual que aconteceu no resto da Europa occidental este proceso implicou o paso dunha economía de Antigo Réxime a unha economía capitalista. Os cambios producidos no campo socio-económico podemos centralos en:

- Unha mudanza da estrutura da propiedade agraria. (tema 6.1)

- Un proceso de industrialización (tema 6.2)

- Unha transformación da estrutura da sociedade española (tema 6.3)

No apartado 6.4. estudiaremos o problema dos nacionalismos.

6.1. A reforma agraria e liberal e as desamortizacións. (xuño 2000)

O réxime xurídico da propiedade da terra no Antigo Réxime caracterizábase pola ausencia dunha propiedade libre e individual, tal e como hoxe a entendemos. Máis da metade das terras non se podían comprar nin vender, eran terras amortizadas. Entendese por amortización un réxime de propiedade vinculado de forma inalienable a unha persoa xurídica. Unha finca é propiedade dun municipio, dun convento, a propiedade atopase vinculada, non se pode nin vender, nin dividir é de “mans mortas”. Dentro da propiedade amortizada podemos distinguir:

- a propiedade señorial vinculada ó morgado

- a propiedade eclesiástica, en especial das ordes relixiosas, gracias as doacións feitas desde a edade media a igrexa acumulaba unha gran cantidade de fincas traballadas por colonos.

- a propiedade dos concellos era de dous tipos, bens comunais (montes, prados, bosques) que eran de todos os veciños; e bens de propios (fincas, muiños, rendas) que pertencían o concello como persoa xurídica e permitíanlle automanterse.

Pero para o novo modelo de sociedade que a burguesía pretendía impoñer era preciso modificar esta estrutura da propiedade eliminando os obstáculos que impedían o libre desenvolvemento da economía. Dende a década de 1830 sucesivas reformas liberais eliminaron mediante disposicións xurídicas a estrutura da propiedade propia do Antigo Réxime, a cal deixaba fóra da circulación mercantil unha parte importante das terras, querían que a terra se convertira nunha propiedade e unha mercadoría máis.

Esta reforma desenvolveuse durante o acceso ao poder do liberalismo progresista, sobretodo no período de rexencias (1833-43) en paralelo co desmantelamento do Estado absolutista e a implantación dun réxime liberal. En moitos casos, supuxo a actualización de disposicións que xa foran adoptadas en etapas anteriores de dominio liberal (Cortes de Cádiz, Trienio Liberal).

A reforma implicou unha transformación da concepción xurídica dos dereitos de propiedade, consagrando os principios da propiedade privada e a libre dispoñibilidade das terras. As principais medidas que serviron para acadar esta transformación foron: a abolición dos señorios e a supresión dos morgados (desvinculación) e as desamortizacións.

A) ABOLICIÓN DOS SEÑORÍOS E DESVINCULACIÓN…

A abolición do réxime señorial xurisdicional: estableceuse por lei en 1837, actualizando unha medida adoptada polas Cortes de Cádiz que distinguía entre señorio xurisdicional (dereito dos señores a exercer a autoridade sobre as persoas e a percibir taxas por este exercicio) e señorío territorial (dereito a percibir rendas derivadas da cesión da terra aos cultivadores directos). A lei suprimía o señorío xurisdicional e os dereitos derivados do mesmo e convertía ao señorío territorial en propiedade privada, plena, dos antigos señores. Nos casos de dúbida sobre cal era a orixe dun señorío, eran os campesiños os que estaban obrigados a demostrar se o señorío en cuestión tiña unha orixe xurisdicional e polo tanto debía pasar a propiedade das terras ás súas mans. Grazas a esta medida a nobreza, aínda que se resentíu da caída das rendas, puido manter unha boa parte do seu poderío económico.

A desvinculación: permitíu eliminar figuras xurídicas que, como o morgado (maiorazgo), impedían a libre disposición das terras (compra-venda, división). Non deu lugar a unha inmediata transferencia masiva de propiedades, pero permitiulle ás familias nobres -que soían estar endebedadas- sanear as súas finanzas coa venda dunha parte do seu patrimonio.

Outras disposicións que contribuíron a transformar a estrutura da propiedade agraria foron a abolición dos privilexios da Mesta, a liberdade de arrendamentos, a liberdade de prezos e de comercio interior…

B) O PROCESO DESAMORTIZADOR

Consistiu na venda en subasta pública das terras e propiedades da Igrexa, dos concellos e doutras institucións, supuxo a incautación estatal dos bens de propiedade colectiva que, tra-la correspondente nacionalización e posterior venda en subasta, pasan a formar unha propiedade nova, privada e en plena liberdade de uso e venda, é dicir: unha propiedade desamortizada.

Foi un recurso do estado para paliar o déficit da Facenda pública xa empregado por Carlos III (quen vendeu bens da Compañía de Xesús, logo da expulsión desta de España), por Godoy, as Cortes de Cádiz e os gobernos do Trienio Liberal.

Pero cando o proceso desamortizador acadou unhas maiores dimensións, pola contía dos bens afectados, foi a partir das leis promovidas polos políticos progresistas J.A Mendizábal e P. Madoz nos anos 30 e 50, respectivamente, do S. XIX

-A desamortización “eclesiástica” de Mendizábal

En 1836, cos progresistas no poder e no contexto das dificultades creadas pola la Guerra Carlista, o ministro de Facenda Juan Álvarez MENDIZÁBAL decretou a disolución das ordes relixiosas (agás as dedicadas ao ensino e á asistencia hospitalaria) e a incautación por parte do Estado do seu patrimonio (doc.1). As terras e bens destas corporacións sairían á venda en subasta pública, podendo adquirilas os compradores por medio de diñeiro ou de títulos da Débeda.

A esta desamortización dos bens do clero regular (conventos e mosteiros de frades e monxas) sumóuselle un ano despois a dos bens do clero secular (catedrais e igrexas), aínda que a execución desta última tería de ser retrasada até 1841, durante a rexencia de Espartero (doc.2).

Os obxectivos que perseguía Mendizábal con estas medidas eran varios:

1- modificar a estrutura da propiedade eclesiástica (que de amortizada e colectiva pasaba a ser libre e individual);

2- diminuír a Débeda pública e sumar recursos para financiar a guerra contra o carlismo;

3 atraer ás filas do liberalismo aos compradores dos bens desamortizados e principais beneficiarios destas disposicións-> “crear unha copiosa familia de propietarios”

A desamortización eclesiástica dividiu á opinión pública española e provocou un serio conflito diplomático co Vaticano. Para compensar á Igrexa, o Estado comprometeuse a soster economicamente aos clérigos e a subvencionar o culto da Igrexa católica (de ahí os artigos da constitución….) Foi moi importante: cumpriu unha misión revolucionaria máis duradeira que a constitución do 37 posto que foi a base dun réxime de propiedade máis aberto.

A partir de 1844 os gobernos moderados paralizaron o proceso e alcanzaron un acordo co Vaticano (Concordato de 1851) polo que a igrexa aceptaba as ventas xa realizadas a cambio de que o goberno sostise economicamente ó clero.

-A desamortización “xeral” de Madoz

Durante o Bienio Progresista, o tamén ministro de Facenda Pascual MADOZ promoveu unha Lei de Desamortización Xeral (1855). Chamouse así porque incluía non só os bens da Igrexa que aínda estiveran sen vender, senón tamén bens do Estado, dos Concellos (“comúns” -propiedades colectivas dos veciños- e “propios” -pertencentes ós concellos-) e doutras institucións (ordes militares, confrarías, institucións benéficas… ). É dicir, todos os que non pertencían a particulares, e ós que quedaban do clero. (doc.3)

Os obxectivos perseguidos con esta segunda desamortización eran semellantes aos que motivaran anos atrás a de Mendizábal: sanear a Facenda e acadar recursos para promover investimentos públicos (sobretodo para a construción do ferrocarril, que experimenta o seu despegue por eses anos), ampliar a base social do liberalismo e extender o tipo de propiedade privada e libre propio dunha economía capitalista.

C) Consecuencias da desamortización

1800

1860

1900

Trigo

6,3

5,8

6,9

\W9s

96

14;9

Cereais

4,8

6,2

7,4

0l1Veldt~

1~6

1,5

O balance global pode realizarse desde diferentes perspectivas:

a) En relación cós obxectivos propostos coas medidas desamortizadoras:

1. Obtención da propiedade plena: Logrouse na maioría dos casos. A excepción produciuse, como veremos, no caso de Galicia onde permaneceu intocable a división de dominios característica do sistema foral e os montes comunais de municipios ou comunidades de aldeáns que a penas se privatizaron.

2. Os problemas facendísticos: A desamortización serviu para palialos en gran medi­da. Hai que ter en conta, tamén, que os ingresos obtidos entre 1855-1867 foron inves­tidos no ferrocarril e para paliar o déficit acumulado polo Estado.

3. Aspectos políticos: Os compradores, variados e numerosos, non tiveron ningún interese en voltar ó Antigo Réxime. No caso da desamortización de Mendizábal, ade­mais, foron ingresos decisivos para o triunfo na Guerra Carlista. Todo isto reforzou o liberalismo e debilitou a unha igrexa que ademais, sufriu a perda ou o expolio dunha parte importante do seu patrimonio artístico e cultural (mosteiros, obras de arte…).

b) En relación coa distribución da propiedade:

A reforma agraria liberal non provocou cambios importantes e, máis ben, consolidou os caracteres preexistentes en cada zona. A propiedade cambiou de mans pero non houbo transformacións significativas: onde había maior concentración, esta acentuouse (no sur), e onde había maior dispersión, esta aumentou (no norte).

Os que xa eran propietarios e rendistas son os que tiñan medios para mercar novas terras; os que non teñen terras estiveron incapacitados para mercalas. Así ocorre cos xornaleiros e pequenos arrendatarios, que son ó mesmo tempo os máis prexudicados pola perda dos seus dereitos sobre aproveitamento gratuíto das fincas municipais e comunais. Unha das consecuencias das desamortizacións foi o incremento da conflitividade social no campo, debido á aparición dunha masa de campesiños sen terras que non tiñan garantida a subsistencia, e que só conseguían ser contratados estacionalmente nos grandes latifundios.

Analizando a condición dos beneficiarios atopámonos unha grande variedade: desde a burguesía urbana ata labradores (campesiños acomodados), nobres etc. A desamortización beneficiou ós grupos sociais integrantes da burguesía —comerciantes, homes de negocios, fabricantes, profesionais liberais, terratenentes, campesiños ricos dos pobos— e os nobres agora convertidos en propietarios capitalistas, que participaron de xeito importante na compra de novas terras. A desamortización contribuíu, así, de xeito decisivo á revolución agraria liberal formando un grupo homoxéneo de burgueses terratenentes, con independencia de cal fora a súa orixe.

c) En relación co crecemento da produción agraria: a desamortización, en xeral, non impulsou transformacións técnicas do proceso produtivo, máis ben todo o contrario. Os rendementos medios caeron como consecuencia da incorporación ó cultivo de terras marxinais. Incrementouse a produción (aumentou a superficie cultivada), ás veces melloraron as técnicas, e a gandería mellorou a partir de 1860. Pero non se logrou unha modernización da agricultura similar ós países europeos máis desenvolvidos, permanecendo a maioría das veces os vellos sistemas de explotación agropecuaria.

O aumento da produción agrícola permitiu alimentar á poboación agraria, enviar o excedente ás cidades e aínda exportar. Mais a agricultura non xerou os excedentes precisos para obter capitais suficientes cos que potenciar a industrialización. Os campesiños pobres, obrigados a emigrar, a penas atoparon emprego nas cidades debido ó escaso desenvolvemento industrial.

No balance global podemos ver que como medida política foi un éxito pero que as súas consecuencias socio-ecónomicas presentan diversos matices que os especialistas aínda discuten (docs. 4 e 5)

A desamortización en Galicia. A permanencia dos foros

Cando se produciu a revolución liberal Galicia posuía unha peculiar estrutura agraria caracterizada pola xeralización do sistema foral e pola particular organización dos montes comunais (da maioría dos cales eran propietarios non os concellos senón os veciños das parroquias e aldeas). Os foros eran contratos agrarios de longa duración, que xurdiran na Idade Media e que recoñecían sobre unha mesma parcela a existencia de dereitos diferentes en mans de grupos sociais distintos: os cultivadores directos que pagaban as rendas e non podían ser expulsados das terras (dominio útil); a nobreza terratenente (laica e, sobre todo, eclesiástica), titulares das terras e perceptores dunha parte das rendas (dominio eminente), e a fidalguía, que exercía de intermediaria entre os labregos e os detentadores do dominio eminente e que absorvía a maior parte das rendas agrarias (cobraban dos labregos e pagábanlle unha parte desas rendas á nobreza terratenente).

Unha das características da desamortización en Galicia foi a abundancia de rendas forais nas que o que se traspasou ó adquirinte foi unicamente o dominio directo, é dicir, o dereito a percibir rendas forais, e non o dominio útil ou capacidade de explotar a terra que seguiu en mans do campesiñado. Nunha proporción das tres cuartas partes, a riqueza desamortizada consistía en derei­tos a percibir unha renda e non en terras. Con anterioridade á Lei Madoz a desamortización afectou case exclusivamente ó patrimonio eclesiástico; en Galicia esta procedencia eclesiástica dos bens desamortizados prolongouse ata o final, dada a escasa relevancia dos bens de propios. Segundo os datos proporcionados por Pascual Madoz os censos e foros alcanzaban o 69,8% do valor total dos bens eclesiásticos (seculares e regulares) taxados entre 1836 e 1845.

Os que adquiriron os bens desamortizados foron nobres, fidalgos, profesionais, funcionarios urbanos e, en especial, comerciantes, grandes arrendatarios e burgueses que tiñan títulos da Débeda Pública para pagar a bo prezo a riqueza subastada. Permenaceu en plena vixencia a estrutura da propiedade da terra que xa viña do Antigo Réxime: os foros dos mosteiros agora foron adquiridos en moitos casos por comerciantes, mentres que os subforos dos fidalgos seguiron na mesma situación que antes. A orixe dos bens vendidos non era de propios e comunais mais que nunha proporción moi pequena (1%). Isto quere dicir que non había propios que desamortizar, porque os concellos eran de recente implantación en Galicia. A maioría do territorio galego, aproveitado en forma de monte polos veciños dos pobos, ficou á marxe da desamortización. Os montes seguiron en mans das comunidades aldeáns e parroquiais, explotados comunitariamente.

(A redención dos foros: A redención dos foros realizouse no primeiro terzo do s. XX, . A liquidación do réxime foral explícase por tres motivos: a loita que o campesiñado fai a favor da redención dentro do movemento agrarista que se desenvolveu no primeiro terzo do s. XX; o aumento de capital dos campesiños pola venda de excedentes e a chegada a Galicia do diñeiro procedente da emigración a ultramar. Cando en 1926, se promulgou a Lei de Redención de Foros, durante a ditadura de Primo de Rivera, pola que os pagadores de renda podían converterse, pagando unha indemnización non moi alta, en propietarios territoriais, o problema foral xa minguara moito. Grazas a este proceso redencionista a maioría dos campesiños galegos se converteron en propietarios plenos das terras que viñan traballando.)

6.2. Industrialización na España do século XIX. (set 2001)

-1- Características xerais: Houbo unha revolución industrial en España?

Aínda que o inicio da industrialización en España foi moi temperán, os seus progresos foron inferiores os dos países máis avanzados de Europa. Por iso, estudosos do tema falan do fracaso da revolución industrial en España (Jordi Nadal), ou cando menos, dunha longa infancia industrial. As coincidencias neste retraso con outros países mediterráneos como Italia ou Portugal permiten que outros falen dun patrón latino de modernización (Gabriel Tortella) caracterizado polo atraso e a lentitude nas transformacións.

En todo caso, o proceso industrial do século XIX presenta as seguintes características básicas:

1. Unhas condicións de partida pouco favorables (mercado interior pouco desenvolvido, relativa escaseza de materias primas, fontes de enerxía e capitais…).

2. Unha forte dependencia do capital exterior, que chegou a controlar sectores importantes da economía española (como a minería os ingleses ou os ferrocarrís os franceses)

3. Unha tensión entre a defensa do proteccionismo propugnado pola burguesía industrial vasca e catalana (desexosa de protexer as súas incipientes industrias fronte á competencia de países máis avanzados) e o librecambismo defendido pola oligarquía agraria castelá (ata que, a finais do S. XIX, comecen a chegar produtos agrarios ultramarinos máis competitivos que os que ela comercializaba).

4. A localización esencialmente periférica da industria española (que é un reflexo do reparto da poboación), os desequilibrios rexionais que presenta e a inexistencia dunha capital política válida para promover o desenvolvemento económico español (Doc.1).

Como consecuencia destas condicións de partida, o proceso industrializador só prendeu, no S.XIX, en Cataluña e o País Vasco. Hai que agardar ao primeiro terzo do S.XX para que teña lugar en

España a transición definitiva dunha economía agraria a unha economía industrial (en 1930 a

poboación ocupada na industria e os servizos supera por primeira vez á poboación activa agraria),

realizada no marco dun modelo capitalista.

-2- As pautas rexionais.

-A- A industria téxtil catalana

Características: A mediados do século XIX Cataluña era a principal rexión industrial de España. A moderna industria algodoeira –unha industria de bens de consumo– iniciou o camiño cara á industrialización, asentándose na forza do vapor, na organización do traballo a partir da fábrica e na presenza dunha burguesía industrial emprendedora. Eran empresas de tamaño medio, familiares e dependentes do mercado interno. (doc.4)

Inicios: O desenvolvemento inicial desta industria moderna colapsouse pola Guerra de Independencia e a perda de mercado americano (1808-1824), prolongándose pola longa crise política do Antigo Réxime ata os anos 30.

A partir dese decenio, asistiuse ó arranque do primeiro pulo industrializador co despegue da industria algodoeira grazas á mecanización (teares mecánicos, máquina de vapor), o triunfo da fábrica, o impulso da demanda interna, a presenza dunha burguesía emprendedora e baixo o amparo dunha lexislación proteccionista. Así, en 1833, a fábrica dos Bonaplata en Barcelona instalou máquinas de vapor, mais en 1835 un asalto, seguido dun incendio, destruíu as súas instalacións.

A primeira expansión: Adoitan distinguirse dúas etapas no proceso industrializador fundamentado nos téxtiles cataláns. Unha primeira de grande expansión (1835-1861), na que a industria téxtil algodoeira foi mecanizada gradualmente, concentrouse xeograficamente (arredor de Barcelona) e economicamente (agrupación de empresas) e abaratou os seus custos mediante o emprego dunha man de obra máis barata composta por mulleres e nenos.

A crise: Pero non puido supera-los seus límites: un mercado interior reducido e pouco dinámico e escasa capacidade competitiva nos mercados internacionais debido ós seus altos prezos. A Guerra de Secesión de Estados Unidos (1861- 1865) reduciu a importación da materia prima, e a crise económica de 1866-1867 terminou co período de maior crecemento.

Segunda expansión: Na nova fase de expansión dos anos 1870 e 1880, o crecemento foi menor debido á saturación do mercado interior. Pero a demanda sostívose grazas á política proteccionista e á concesión en exclusiva do mercado cubano. Coa independencia das colonias de Cuba e Porto Rico, en 1898, a produción estancouse ata as primeiras décadas do século XX.

O desenvolvemento algodoeiro catalán atraeu outras industrias téxtiles tradicionais.A industria da lá de gran tradición en Castela e a industria da seda valenciana e murciana perderon a súa importancia. Barcelona, Sabadell e Terrasa concentraron, a mediados do século XIX, ámbalas industrias. A industria téxtil, particularmente a algodoeira, que foi a clave da industrialización catalá do XIX, apenas tivo efectos sobre o resto de España.

B- A industria siderúrxica: Andalucía, Asturias e Pais Vasco

Características: O sector siderúrxico considerouse un dos puntais básicos da primeira industrialización nos países da Europa occidental. A evolución da siderurxia española pon de manifesto as insuficiencias enerxéticas do país e as dificultades para a aplicación das innovacións tecnolóxicas. En España, os tres focos siderúrxicos que se desenvolveron sucesivamente, ó longo do século XIX, revelan a crise do carbón vexetal, a súa substitución pola hulla asturiana -demasiado cargada de impurezas-, e o definitivo triunfo do coque británico como elemento do despegue siderúrxico vasco, en estreita colaboración co mineral de ferro de Somorrostro.

¿Cales foron as causas do atraso da siderurxia española?. España era rica en mineral de ferro, pero o carbón mineral (coque) era escaso e de mala calidade. Ademais a demanda de ferro foi moi reducida ata finais de século. Por outro banda, esta industria consumía grandes cantidades de enerxía calórica que só proporcionaba o coque. Pero o transporte é caro; de aí que a industria siderúrxica tendese a se localizar en tódolos países industrializados próxima ás minas de carbón mineral. Isto explica as sucesivas localizacións da siderurxia española durante o século XIX. (doc.3)

Primeiro foco: Andalucía 1830-60 O primeiro intento de instalar unha moderna siderurxia en España xurdiu en Málaga co fin de explota-los xacementos ferrosos de Marbella e Ojén. En 1832 funcionaron os primeiros Altos Fornos nas factorías de La Concepción en Marbella e La Constancia en Málaga. Pero a dificultade máis grave era a inexistencia de coque. Cara ós anos 60 decaeu esta fase de hexemonía da siderurxia andaluza, debido a que a súa fundición con carbón vexetal non podía competir coa dos altos fornos con carbón – mineral de Asturias.

Segundo foco: Asturias 1860-80. Asturias, por contra, contaba coas cuncas carboníferas de Mieres e Langreo. En 1848 fundouse un Alto Forno en Mieres e en 1857 a Sociedade Metalúrxica Duro y Cia. en La Felguera. A nacente siderurxia asturiana, situada na cunca hulleira do Nalón, provocou un desprazamento xeográfico da siderurxia española cara ó norte que se completaría nos anos 80 co desenvolvemento da siderurxia vasca. Se en 1865 o 44 por cen da produción siderúrxica española procedía do núcleo andaluz, o 16 por cen da rexión asturiana e o 20 por cen da ferretería tradicional vasca, en 1868 a zona asturiana de Mieres-La Felguera representaba o 46 por cen da produción nacional, pero o carbón asturiano era de mala calidade e…

Terceiro foco: País Vasco 1880: Só a partir de 1880 foi consolidada en Biscaia unha industria siderúrxica moderna. Nas últimas décadas do século XIX, a siderurxia vasca converteuse no símbolo da siderurxia española grazas á abundancia de mineral de ferro, a dispoñibilidade do coque inglés e do capital acumulado por empresarios vascos. Desde 1848 funcionaba un Alto Forno en Bolueta. En 1860 a empresa Ybarra y Compañía instalou Altos Fornos en Baracaldo. Entre 1880 e 1902 deuse un dobre proceso na siderurxia vasca. A creación e a concentración de grandes compañías de Altos Fornos e a modernización da siderurxia. De 1886 a 1888 instaláronse os primeiros convertedores Bessemer e os fornos Siemens e Martin. En 1902 fusionáronse as tres grandes compañías (Altos Hornos y Fábricas de Hierro y Acero, La Vizcaya e La Iberia) na gran sociedade Altos Hornos de Vizcaya. Nas primeiras décadas do século XX o 62 por 100 do ferro e aceiro español era fabricado por esta sociedade.

Así practicamente toda a industria española concentrouse en só dúas zonas: Cataluña e País Vasco, o resto de país quedou baleiro de industria e incluso perdeunas, como no caso galego.

C. Desindustrialización: Galicia

Os sectores ligados á industria rural que resultaron ser os motores da industrialización europea fracasaron en Galicia pola falta de investimentos produtivos (o diñeiro ía á compra das rendas forais):

a) a industria do lino.- a desorganización comercial impediu a súa capitalización e decaeu ó non poder competir cos lenzos estranxeiros. 0 fiado desaparece coas importacións e os tecedores non resistiron a competencia do algodón catalán.

b) os curtimes: a dispoñibilidade de materias primas (auga e peles) perdeu importancia diante dos avances técnicos que permitiron a súa localización lonxe da tradicional.Tamén foron os cataláns os que anularon a nosa produción.

c) as ferrarías: afundíronse a causa das vellas estruturas organizativas e da potencia vasca e asturiana. Só Sargadelos creceu grazas ás guerras carlistas, pero a utilización de carbón vexetal provocou o seu peche en 1875.

Para colmo o boom ferroviario español de 1855-65 non chega a Galicia ata 1873. A escasa rendibilidade, incapacidade investidora, discusión sobre o trazado das liñas e o alto custo de construción foron as causas do atraso.

Só mantivo certo dinamismo o sector da salgadura do peixe que se irá transformando co século en industria conserveira.Tamén se salva a construción naval ferrolá e viguesa. 0 peso da Banca foi moi débil e só asomou co desenvolvemento comercial da Coruña e Vigo. A escasa capacidade adquisitiva dos traballadores urbanos e a autosuficiencia campesiña reduciron o comercio ó mínimo.

-3- Os transportes: o ferrocarril

A historia mostra a contribución crucial que os transportes tiveron no desenvolvemento económico. Na España do século XIX o problema do transporte foi un dos obstáculos para a modernización económica.

A pesar do notable programa de construción de estradas, emprendido a partir de 1840, co que España contou ó remate do século cuns 36.000 km., os progresos resultaron insuficientes. O transporte fluvial era case inexistente dada a natureza dos nosos ríos. Só o transporte marítimo experimentou durante o século XIX un progreso considerable grazas á mellora dos portos e á introdución da máquina de vapor a finais da centuria.

Pero a auténtica revolución dos transportes no XIX foi o ferrocarril, que en España era a única alternativa para o transporte e a formación dun mercado interior. Pero a construción da rede ferroviaria en España atrasouse uns trinta anos respecto ós países europeos máis desenvolvidos, como Gran Bretaña ou Francia. Atraso debido tanto á desidia gobernamental coma ó escaso desenvolvemento económico e social, a falta de capital e de técnica así como de iniciativa empresarial.

A primeira lei de 1844 pola que o Estado reservaba para si a concesión das liñas ferroviarias deixaba a construción nas mans da iniciativa privada. Iso deu lugar á especulación e provocou unha serie de escándalos.Tan só se construíron unhas poucas liñas (Barcelona-Mataró, Madrid-Aranxuez, Valencia-Xátiva). Ademais cometeuse un grave erro técnico que se había arrastrar ata os nosos días: o ancho de vía establecido de 1,67 m., 15 cm, maior cá norma europea. Así, antes de 1855 só se construíran 475 km. (doc.2)

O impulso veu coa Lei Xeral de Ferrocarrís de 1855, aprobada polos progresistas. Por esta lei o Estado outorgaba unha serie de vantaxes económicas ás empresas construtoras: facilitaba a creación de sociedades anónimas, garantía unha rendibilidade mínima do 6 por 100 e a libre importación de material para o ferrocarril. Ademais, completábase coa Lei Bancaria de 1856 que permitiu a rápida formación dun sistema bancario que, entre outras cousas, financiase a construción da rede ferroviaria. Lei tan xenerosa non deixou de surtir efectos: en 1868 estaban en funcionamento 5375 km.

Entre 1856 e 1900 a rede de ferrocarrís alcanzou 14.245 km. Esta aceleración debeuse ó apoio estatal e á achega de capital e tecnoloxía e á iniciativa estranxeira, sobre todo francesa. Tres grandes compañías ferroviarias: a de Madrid-Zaragoza-Alacante (M.Z.A.) ligada ó grupo financeiro francés da Sociedade Española Mercantil e Industrial; a Compañía de Camiños de Ferro do Norte de España á Sociedade de Crédito Mobiliario Español; e a compañía de Ferrocarrís Andaluces á Compañía de Crédito de España, acapararon as concesións e as subvencións estatais.

¿Cal foi o impacto dos ferrocarrís na economía española? A súa contribución á demanda de produtos siderúrxicos e das industrias mecánicas foi escasa xa que ata 1891 tolerouse a libre importación de todo o material ferroviario. En cambio tivo unha grande importancia na demanda de carbón e de emprego (unhas 125.000 persoas empregadas fixas no ferrocarril). Tamén provocou un gran cambio no comercio interior abaratando o prezo das mercadorías. Pero o ferrocarril construíuse con atraso e precipitación. Cometeuse o erro do ancho de vía que obstaculizou a súa conexión co resto de Europa, erro que aínda pesa sobre a economía española. Criticouse o seu trazado radial e a mala calidade da infraestrutura. Este modelo non contribuíu a articular o territorio español, deixando á marxe do ferrocarril áreas moi extensas como Galicia. O ferrocarril chegou a Vigo en 1892. O trazado que uniu Santiago con Madrid non finalizou ata 1956!!

-4- As Finanzas

O establecemento dun sistema moderno de Facenda (doc.5 + valoración xeral-conclusión) fíxose moi lentamente e constituíu un dos problemas claves da economía española. O sistema fiscal foi modernizado e simplificado en 1845 polo ministro Alejandro Mon: o sistema suprimiu moitos pequenos impostos e estableceu o principio de reparto da carga tributaria aínda que mantiña impostos indirectos tan odiados como os famosos consumos.

O sistema financieiro quedou reordenado no Bienio Progresista coa Lei de Bancos de Emisión e Sociedades de Crédito de 1856, ano en que nace o Banco de España. A carón del creceu a banca privada: en 1855 naceu o Banco de Bilbao, un ano despois o Banco de Santander.Tamén se modernizou o sistema monetario en 1868 cunha nova unidade monetaria: a peseta.

6.3. Os novos grupos sociais. Conflitividade social e movemento obreiro (xuño 2003 e xuño 2007)

1. A sociedade española no século XIX

A implantación do Estado liberal e os cambios económicos experimentados ao longo do S.XIX provocaron a desaparición da vella sociedade estamental fundamentada no “privilexio”, e a súa substitución por unha nova sociedade de clases na que o principal criterio de diferenciación social o constituía o acceso á riqueza material. Elo conlevou a transformación dos vellos grupos sociais (p.e. a nobreza ou o campesiñado) e a emerxencia de novos grupos (como a burguesía industrial, o proletariado ou certos sectores das clases medias). A nova sociedade seguía a ser unha sociedade fortemente polarizada, na que un reducido sector social gozaba da maior parte da renda nacional.

A- As clases dirixentes

Son unha simbiose de poderosos do pasado (NOBREZA) e novos grupos BURGUESES. Isto ten lugar pola vía do ennobrecemento burgués (matrimonio, adquisición de títulos) e da participación da nobreza no mundo dos negocios, forman a Oligarquía dominante. Deste grupo dirixente saen a maior parte dos altos cargos da administración, o exército e a Igrexa.

Nobreza: En xeral, non sae excesivamente mal parada da revolución liberal: perde os dereitos xurisdicionais pero mantén o groso das súas propiedades pola vía da conversión dos señoríos territoriais en propiedade plena. Acepta o liberalismo como mal necesario e chega a un pacto cos grupos burgueses. Os seus ingresos proveñen maioritariamente das rendas agrarias, aínda que algúns nobres rematan por entrar nos negocios. Mantén o seu prestixio social e peso político: presenza nas “camarillas” de Isabel II, na alta oficialidade do exército, no Senado…

Burguesía: Integrada por diferentes sectores:

- Burguesía de negocios: dedicada a grandes operacións comerciais e financieiras. Adquire terras na desamortización e sente atracción polo estilo de vida nobiliario, buscando o ennobrecemento. Vinculada aos novos centros de poder político e ao capital estranxeiro, ten unha forte presenza en Madrid, Andalucía e a cornixa cantábrica.

- Burguesía industrial: circunscrita a Cataluña até as décadas finais do S.XIX, momento no que emerxe a forte burguesía industrial vasca. Ocupa unha posición subordinada dentro das clases dirixentes, tanto economicamente (máis débil que as grandes fortunas agrarias e financieiras) como politicamente lonxe dos centros do poder). Presionará ao Estado para que se adopte unha política arancelaria proteccionista.

B- As clases medias

Constitúen un conglomerado heteroxéneo: pequenos fabricantes e comerciantes, propietarios agrarios de tipo medio, profesións liberais, certos empregados públicos, oficialidade do exército… Caracterízanse polo seu conservadorismo ideolóxico (defensa da orde, da propiedade… ) e o intento de imitar o estilo de vida dos poderosos.

C- As clases populares

Campesiñado: Conviven dentro del diferentes condicións: pequenos propietarios, arrendatarios, criados e xornaleiros. Amplíase o número de campesiños sen terra (xornaleiros), afectados pola privatización das terras comunais, a venda das pequenas propiedades e os cambios nos réximes de arrendamento. Predominan ao sur do Texo.

Grupos populares Urbanos: Conglomerado formado por empregados domésticos, artesáns, pequenos comerciantes, empregados da administración… Algúns deles están a medio camiño entre as clases populares e as clases medias.

Proletariado: O seu número é relativamente reducido pola precariedade do proceso industrializador. As súas condicións de traballo e de vida son moi duras: baixos salarios, inexistencia de seguros de enfermidade, longas xornadas laborais (12-14 h.), barrios sen servizos sanitarios mínimos… É frecuente o traballo de mulleres e nenos para compensar os baixos salarios.

2. O Movemento Obreiro

A- Características xerais

No S. XIX xurdiu en Europa o movemento obreiro: un movemento protagonizado polas clases traballadoras na procura da mellora das súas condicións de vida e traballo, da consecución dos plenos dereitos políticos e, ás veces, dunha transformación radical da sociedade nun sentido igualitario. As súas características básicas son:

1- O movemento obreiro como manifestación da nova conflitividade social que o avance da industrialización propicia. Proletariado e burguesía industrial, como clases con intereses enfrontados.

2- Un contexto político (liberalismo) en xeral hostil aos intereses e reivindicacións da clase obreira.

3- As reivindicacións obreiras nos ámbitos sociolaboral (condicións de traballo, xornada, traballo feminino e infantil, salarios…) e político, destacando neste último o papel da conflitividade obreira na crise da Restauración.

4- As principais formas de loita e organización e a súa evolución: ludismo, asociacionismo, internacionalismo, sindicalismo.

5- O predominio do anarquismo e do socialismo como tendencias ideolóxicas do movemento obreiro en España, destacando e caracterizando á CNT e á UGT como principais organizacións.

En España o desenvolvemento deste movemento foi algo máis lento polo relativo retraso do seu proceso industrializador e estivo condicionado polas vicisitudes políticas que presidiu a construción do Estado liberal. Así, atopou mellores condicións para desenvolverse naquelas conxunturas nas que as correntes máis avanzadas do liberalismo propiciaron unha apertura democratizadora do réxime (Bienio Progresista, Sexenio Democrático, liberalización do réxime da Restauración propiciada polo acceso ao poder do P. Liberal na segunda metade dos anos 80… ).

B. Os primeiros pasos do Movemento obreiro: ludismo e asociacionismo

As profundas desigualdades existentes nalgunhas zonas rurais españolas (Andalucía, Estremadura… ) e as mesmas desigualdades que xeraba o proceso industrializador determinaron o desenvolvemento dunha forte conflitividade social tanto no campo como na cidade.

No campo a conflitividade foi maior nas áreas de predominio latifundista, nas que existía un elevado número de obreiros agrícolas sen acceso á propiedade da terra e vivindo nunhas condicións miserables.

A conflitividade social tamén se estendeu á cidade, onde as condicións de traballo e de vida non eran moito mellores (baixos salarios, xornadas laborais de 12 ou 14 horas, inexistencia de seguros de enfermidade, amoreamento en barrios insalubres… ).

As primeiras manifestacións de protesta obreira, acontecidas nas décadas de 1820 e 1830, dirixíronse contra as máquinas, ás que culpaban da perda de postos de traballo e da redución dos salarios (ludismo). O exemplo máis destacado destas accións foi o incendio da .fábrica Bonaplata en 1835, a primeira factoría que introducira en España a máquina de vapor. (doc.1- 2003) Outro exemplo: o das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña (doc.1 – 2007)

Pero os traballadores comprenderon moi cedo que o verdadeiro problema non eran as máquinas, senón as condicións de explotación ás que estaban sometidos, e comezaron a desenvolver novas formas de loita como a paralización da produción mediante a folga e a procura da unidade de acción mediante a creación das primeiras asociacións obreiras. Estas asociacións agrupaban aos traballadores dun mesmo oficio e tiñan funcións reivindicativas e de apoio mutuo (pago de cotas para cubrir as necesidades dos seus asociados en caso de perda do emprego por despido, enfermidade, folga… ). A primeira creouse en Barcelona en 1834 (Asociación Mutua de Teceláns) e coñeceron unha grande expansión durante o Bienio Progresista (1854-56) (doc.2). Precisamente nos anos do bienio proliferaron as axitacións políticas por asociacións obreiras que acabarían dando lugar a creación de sindicatos de clase. Agora as reivindicacións xa non serán só laborais senón que tamén incluiranse peticións políticas semellantes ás dos Cartistas en Inglaterra. A volta ao poder dos moderados trouxo consigo a represión do asociacionismo obreiro.

C- A chegada do Internacionalismo no sexenio (1868-1874)

Até 1868 o movemento obreiro camiñou, politicamente, a remolque das correntes burguesas democráticas (liberalismo radical, Partido Demócrata, primeiros núcleos republicanos), pero a situación mudou coa chegada das ideas internacionalistas despois da Revolución Gloriosa. En 1864 fundárase en Londres, coa participación de obreiros e personalidades procedentes de distintos países, a la Internacional ou Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Os principios que presidiran a súa creación foron o da solidariedade obreira internacional (“proletarios do mundo, unidevos) e o da autonomía da loita dos traballadores para acadar a súa liberación de clase mediante a creación de partidos e sindicatos obreiros.

En España, as ideas internacionalistas foron introducidas por Giuseppe Fanelli, un anarquista colaborador de Bakunin, que se reuniu con grupos de traballadores en Madrid e Barcelona e difundiu entre eles os principios anarquistas (colectivismo, apoliticismo, supresión do Estado… ). A partir destes núcleos xurdiu a Federación Rexional Española da AIT (fundada no Congreso Obreiro de Barcelona., 1870), de predominio anarquista e que desenvolvería unha intensa actividade insurreccional durante o Sexenio Democrático (revoltas contra as “quintas” e os “consumos”, participación na insurrección cantonalista… ). Pouco despois, a chegada de Paul Lafargue, xenro de Marx, difundiu entre os internacionalistas madrileños as posicións marxistas (que defendían a necesidade da conquista do poder estatal por parte da clase obreira) e propiciou a creación do primeiro núcleo socialista español ao redor da figura de Pablo Iglesias e do xornal La Emancipación, Este grupo, en minoría no seo da sección española da AIT, non tardaría en ser expulsado da mesma.

En 1874, coa chegada da Restauración, a federación española da AIT foi declarada ilegal e as súas actividades perseguidas. Pero estaban creados os xermes da posterior evolución das ideas anarquistas e socialistas en España. (doc.3)

3.- Anarquistas e socialistas despois de 1874

A- Os anarquistas: a C.N.T.

Nas décadas seguintes anarquistas e socialistas continuaron marchando por separado. En canto aos anarquistas, en 1881 a FRE pasou a chamarse Federación de Traballadores da Rexión Española para se adaptar á legalidade vixente (que prohibía as organizacións de carácter intemacional), adquirindo unha influencia crecente en Cataluña e Andalucía.

Entre os anarquistas foron xurdindo diferenzas entre dúas tendenzas:

-os partidarios da acción sindical de masas, que vían no recurso á folga e á mobilización obreira o medio fundamental para acadar os seus fins de construción dunha sociedade igualitaria, este anarquismo colectivista e antiautoritario cría no apoio mutuo e na educación como armas para igualar a sociedade.

-os partidarios da acción directa ou propaganda polo feito os cales protagonizaron atentados contra personaxes e institucións representativos da clase dominante, o Estado e a Igrexa. Algúns destes atentados, como os sufridos polo xeneral Martínez Campos, Cánovas ou o atentado do Liceo (que provocou vinte mortos nese lugar privilexiado de encontro social da burguesía barcelonesa) era unha vinganza pola execución, as máis das veces sen probas, de militantes anarquistas. Estes actos de violencia -e o caso da Mano Negra andaluza, sociedade secreta a que se acusou de planear o exterminio dos terratenentes- desataron unha feroz represión por parte do Estado contra o conxunto dos militantes anarquistas.

En 1907 os partidarios da acción de masas promoveron a creación da Solidariedade Obreira, antecedente directo do grande sindicato anarquista da Confederación Nacional do Traballo (CNT, fundada en 1910). Dotada dunha estrutura federal, a CNT reivindicaba o “apoliticismo” e o papel da folga xeral (“unha folga non debe declararse para ter un pouco máis de xornal, senón para lograr unha transformación total”) como principal instrumento revolucionario. Entre os seus líderes estaban Salvador Segui (“el noi del sucre”, asasinado nos tempos do pistoleirismo barcelonés) e Angel Pestaña. Converteríase na principal organización obreira española antes da Guerra Civil chegando a ter un millón de afiliados.

B- Os socialistas: O P.S.O.E. e a U.X.T.

Pola súa parte, o núcleo socialista madrileño organizado en torno a Pablo Iglesias fundou en 1879 o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), unha organización de inspiración marxista que aspiraba á conquista do poder pola clase traballadora e que se adheriría á II Internacional, integrada por partidos afíns ideoloxicamente. En 1888 -ao amparo da “Lei de Asociacións” promovida polo goberno liberal un ano antes- os socialistas crearon a Unión Xeral de Traballadores (UXT), un sindicato de masas que chegaría a ter unha influencia importante en Madrid, Asturias e o Pais Vasco, e que defendía a negociación colectiva entre obreiros e patróns e o recurso á folga para facer valer os intereses dos traballadores. Paulatinamente, o socialismo español evoluiría cara posturas moderadas que combinaban a participación en folgas xerais e os obxectivos finais igualitarios coa búsqueda de melloras graduais para os traballadores no marco do sistema. En 1910, en coalición cos republicanos, obtivo a súa primeira acta de deputado para Pablo Iglesias.

C- O crecemento de principios do XX: comunistas e folga xeral

En 1921 un grupo de dirixentes e militantes do PSOE e da UXT separáronse para fundar o Partido Comunista de España (PCE), seguindo o modelo dos bolxeviques rusos triunfantes na Revolución soviética de 1917. Sería moi minoritario até os tempos da Guerra Civil.

A grande expansión do movemento obreiro tivo lugar en España coa entrada no S.XX, ao compás das profundas transformacións que estaba experimentando a sociedade (industrialización, urbanización,.. ). A afiliación ás organizacións de traballadores experimentou un notable crecemento e desenvolveuse unha particular “cultura obreira”, alternativa á cultura burguesa dos ateneos e casinos, que tivo o seu centro nas Casas do Pobo socialistas e nos Ateneos populares e libertarios promovidos polos anarquistas. Nestes locais, que funcionaban como centro de reunión social para os traballadores, existían bibliotecas e desenvolvíanse escolas e outras actividades culturais e de ocio.

A mobilización obreira acadou as súas cotas máis altas nos anos finais da Restauración (folga xeral de 1917. (doc.4)“Trienio bolxevique” andaluz, folga da “Canadiense” en Barcelona sofrendo unha interrupción coa chegada da ditadura de Primo de Rivera. A ditadura reprimiu a anarquistas e comunistas e mantivo unha actitude inicial de tolerancia cara os socialistas, os cales colaboraron até 1927 nas institucións primorriveiristas como a Organización Corporativa ao Traballo. Con todo, en vésperas da proclamación da II República o movemento obreiro constituía unha forza á que non se podía ignorar e xogaría un papel fundamental na posterior evolución do réxime republicano.

6.4. Nación e nacionalismos en España: rexionalismo e nacionalismo en Galicia, País Vasco e Cataluña.

1. A cuestión nacional: nacionalismo español vs nacionalismos periféricos

Nas décadas finais do S.XIX xurde en España a chamada cuestión nacional. Con este termo alúdese á confluencia de diferentes nacionalismos ou proxectos nacionais de difícil harmonización e a miúdo en conflicto entre si:

- Un nacionalismo español dominante que defende a existencia dunha única nación en España e que utiliza o aparato do Estado para crear unha conciencia nacional española. O seu rechazo das tendencias particularistas contribuirá a radicalizar aos defensores destas tendencias.

- Uns nacionalismos periféricos (catalán, vasco, galego… ) que defenden o carácter diferencial das súas comunidades e que rematarán por afirmar a existencia de diferentes nacións en España.

Os nacionalismos periférícos tiveron a súa orixe no labor desenvolvido polas intelligentsias locais para fomentar o interese pola historia, a lingua e a cultura das súas comunidades, co obxectívo de promover a creación dunha conciencia propia e diferenciada. Posteriormente, a reivindicación cultural acompañaríase da reivindicación política, centrada na esixencia dunha reorganización do Estado español compatible co autogoberno das diferentes comunidades ou, nalgúns casos, na reclamación da independencia total.

O xurdimento da cuestión nacional explícase pola confluencia de diversos FACTORES:

1-A diversidade cultural e mesmo política existente desde tempos remotos dentro dos límites do Estado español. Non resulta extraño que os nacionalismo periféricos remataran por ter unha maior audiencia nas comunidades que posuían unha lingua propia. Do mesmo xeito, o feito de que a monarquía dos Austrias (S.XVI-XVII) primara os intereses imperiais sobre a construcción dunha verdadeira “monarquía nacional” permitíu a pervivencia de altas cotas de autogoberno até tempos recentes nalgunhas comunidades (en Cataluña até os “Decretos de Nova Planta” -comezos do S.XVIII- e no País Vasco até o remate da 3a Guerra Carlista -1876-). Como é lóxico, o recordo deste -autogoberno serviría de estímulo para o desenvolvemento dos nacionalismos nestas comunidades.

2- A forma que adquiríu a construción do Estado liberal en España ao longo do S.XIX, caracterízada por:

A. Un centralismo uniformizador: supresión das particularidades xurídicas e económicas, creación de novas unidades administrativas (p.e. a nova división provincial) que rompen as divisións tradicionais, imposición dun modelo cultural e lingüístico uniforme… É contra esta centralización contra a que reaccionarán os nacionalismos periféricos.

B. Unha débil nacionalización que non consegue consolidar un “sentimento nacional español” compartido por todos. Contríbúen a este fracaso o predominio histórico das opcións máis conservadoras, as profundas divisións políticas que daran orixe “as duas españas”, a deficiente escolarización, o sistema de “quintas”, a ineficacia da administración… Esto tera repercusións como a falta de consenso e identificación cos símbolos nacionais: duas bandeiras, dous himnos….

C. O desigual desenvolvemento do capitalismo e a industrialización, que afondou as desigualdades na estrutura económica das diferentes áreas do pais. Facilitou o xurdimento de intereses económicos distintos e, por veces, difíciles de conciliar (“librecambismo” vs. “proteccionismo”, p.e.), agravado polo feito de que as zonas máis desenvolvidas economicamente non coincidían cos centros de decisión política e coa extracción xeográfica maíoritaria da elites que gobernaban o Estado.

D. A todos estes factores veuse sumar, a finais do S.XIX, a desílusión pola marcha de España, motivada polo fracaso colonial (1898)(“me duele españa”), a conciencia de atraso e decadencia que medrou en moitos círculos sociais do país… Esta sensación de desencanto frustrou o desenvolvemento dun sentimento de orgullo de pertenza a unha “patria común” e, pola contra, contribuíu a fortalecer os sentimentos diferenciais das distintas comunidades.

Algúns destes nacionalismos acadaron unha forte presenza social e electoral xa nas primeiras décadas do S.XX. Así ocorreu en Cataluña coa Lliga Regionalista -e posteriormente, durante a II República, con Esquerra Republicana de Catalunya- ou no País Vasco co PNV. En Galicia a influencia do nacionalismo foi sempre menor e haberá que agardar aos anos 30 para que consiga certo éxito coa fundación do Partido Galeguista.

Tras a proclamación da II República, estes movementos contribuíron á apertura do debate sobre a reorganización do Estado nunha dirección descentralizadora. Deste xeito, a Constítución republicana proclamaría o “Estado integral” compatible coas “autonomías rexionais”.

En cada un dos movementos nacionalistas podemos distinguir tres fases:

O provincialismo: termo que se emprega para cualificar todas aquelas doutrinas
e movementos que, dende 1833 defenden, contra o centralismo, o recoñecemen-
to das particularidades culturais das provincias que constitú-
en España, identificadas estas, nalgúns casos, cos vellos reinos medievais: Galicia,
Catalunya…

O rexionalismo: termo empregado, a partir da década de 1880, para cualificar
aqueles movementos políticos e culturais que reivindican formas de descentrali-
zación administrativa e de autogoberno consideradas como un dereito histórico. Pódense distinguir dúas tendencias claramente diferenciadas: a liberal, democrática e federalista que pretendía, mantendo a unidade da nación española, a creación e federación de Estados soberanos con base nas
provincias, e a tradicionalista antiliberal baseada na defensa do
catolicismo e das tradicións locais que, no caso das provincias vascas, de Navarra e Catalunya coinciden coa defensa dos privilexios recoñecidos polos antigos fueros.

O nacionalismo ou defensa da consideración e do recoñecemento da comuni-
dade propia como unha nación diferenciada con dereito a dispoñer de soberanía
política e de goberno propio; aparece así, a finais do século XIX e comezos do XX,
a idea da existencia da nación catalana, vasca ou galega e a creación de partidos
nacionalistas que defenden estes dereitos. Na elaboración e formulación destas
ideas nacionalistas destacaron Prat de la Riba, Sabino Arana e Vicente Risco que
sentaron as bases das respectivas conciencias nacionais.

2. O Catalanismo

- A Renaixença

Cara ó ano 1830, dentro do contexto cultural do Romanticismo e no marco dun Estado liberal español con dificultades para vertebrar un desenvolvemento económico harmónico, xurdiu en Cataluña un amplo movemento cultural e literario, coñecido como a Renaixença. A súa finalidade era a recuperación da lingua e dos sinais de identidade da cultura catalana, pero carecía de aspiracións e de proxectos políticos, sendo os seus obxectivos puramente culturais.

- Centre Catala

As primeiras formulacións catalanistas cun contido político viñeron da man de Valentí Almirall, un republicano federal decepcionado, que convocou o primeiro Congreso Catalanista (1880) co obxectivo de unifica-las dúas correntes máis destacadas do catalanismo, a de herdanza republicana e progresista, e a máis literaria, apolítica e conservadora. Este movemento culminou na creación do “Centre Catalá” (1882), organización que pretendía sensibiliza-la opinión pública catalana para consegui-la autonomía.

No ano 1885 impulsou a redacción dun “Memorial de Greuges” (Memorial de Agravios), que lle foi presentado a Afonso XII por unha ampla comisión de personalidades pouco antes da morte do monarca. O memorial denunciaba a opresión de Cataluña e reclamaba a harmonización dos intereses e das aspiracións das diferentes rexións españolas.

“No tenemos Señor, la pretensión de debilitar, ni mucho menos atacar la gloriosa unidad de la patria española, ante sal contrario, deseamos fortificarla y consolidarla; pero entendemos que para lograrlo n oes buen camino ahogar y destruir la vida regional.

Lo que nosotros deseamos señor, es que en España se implante un sistema regional adecuado.”

- Unió Catalanista

Un grupo de intelectuais, vinculados ó xornal “La Renaixença” e contrarios ó progresismo de Almirall, fundaron a “Unió Catalanista” (1891), unha federación de entidades de carácter catalanista de tendencia conservadora. O seu programa quedou fixado nas Bases de Manresa, que defendían unha organización confederal de España e a soberanía de Cataluña en política interior. Proclamaba a oficialidade do catalán e propoñía o restablecemento das institucións tradicionais de Cataluña (Audiencia e Cortes) que deberían ser escollidas por sufraxio corporativo.

(…) Base 6. Cataluña será soberana do seu goberno interior e polo tanto ditará libremente as súas leis orgánicas, terá ó seu cargo a lexislación civil. penal, mercantil, administrativa e procesual, o establecemento e maila recadación de impostos; a cuñación de moeda, e terá tódalas atribucións inherentes á soberanía que non lle correspondan ó goberno central segundo a base 1a.

Base 7. 0 poder lexislativo rexional residirá nas Cortes catalanas que se deberán reunir cada ano nunha época determinada e nun lugar diferente. As Cortes formaranse por sufraxio entre os cabezas de familia, agrupados en clases segundo o seu traballo manual, carreiras profesionais, propiedade, industria e comercio. (…)

Bases de Manresa. (1892)

- A Lliga

A renuncia da “Unió Catalanista” a participar na vida política levou a un grupo de catalanistas, vinculados ó xornal “La Veu de Catalunya” (Prat de la Riba, Cambó, entre outros), a defender unha intervención máis clara na política e á conversión do catalanismo nunha causa capaz de mobilizar a amplos sectores da poboación. O momento propicio para esa nova formulación chegaría tralo desastre do 98.

En Cataluña, o impacto da crise do 98 foi decisivo para a madureza e maila expansión social do catalanismo. O fracaso do proxecto reformista do goberno Silvela-Polavieja favoreceu a confluencia de intereses entre os sectores catalanistas favorables á intervención electoral e a burguesía industrial e comercial, cada vez máis afastada dos partidos dinásticos e máis achegada ó rexionalismo. Froito desa converxencia foi a creación en 1901 da “Lliga Regionalista“, que contou entre os seus líderes a Enric Prat de la Riba e Francesc Cambó. A Lliga presentaba un programa político conservador, centrado na loita contra o corrupto e ineficaz sistema da Restauración e a prol dun reformismo político que outorgase a autonomía a Cataluña. O seus éxitos electorais en Barcelona a partir de 1901 convertérona na forza hexemónica en Cataluña ata o ano 1923.

- Solidaritat: unha coalición electoral

O amplo rexeitamento suscitado en Cataluña pola Lei de Xurisdicións (1906) posibilitou a formación dun amplo movemento, “Solidaritat Catalana”, que reuniu a carlistas, rexionalistas e republicanos. A coalición presentaba un programa común baseado na derrogación da Lei e na consecución da autonomía; nas eleccións de 1907, conseguiu 41 dos 44 escanos que Cataluña tiña no Congreso dos Deputados. Esta vitoria tivo unha ampla significación, xa que levou á fin da quenda dinástica en boa parte de Cataluña e maila consolidación do catalanismo e do republicanismo como as forzas políticas hexemónicas

- A mancomunidade

No ano 1914 e acolléndose á Lei de Mancomunidades, as Deputacións catalanas, baixo o control da “Lliga Regionalista”, impulsaron a creación da Mancomunidade de Cataluña. Este organismo consistía nunha federación das catro provincias catalanas que contaba cunha Asemblea Xeral, un Consello Permanente e un Presidente, cargo para o que foi elixido Prat de la Riba. Tiña o mesmo orzamento e as mesmas competencias (beneficencia, cultura e obras públicas) que as Deputacións provinciais e estivo vixente ata a súa disolución por Primo de Rivera no ano 1925.

-3-. O nacionalismo vasco

Causas: abolición dos foros e inmigración

No País Vasco, as formulacións nacionalistas forxáronse ó longo da segunda metade do século XIX a partir dunha corrente de recuperación da cultura vasca. Pero foi, sobre todo, a abolición dos foros trala última guerra carlista en 1876 o que deu orixe ó nacemento dunha corrente que reivindicaba a reintegración foral (estes foros, que os vascos mantiñan desde a Idade Media, garantizabanlle certos privilexios como a exención de moitos impostos e a autonomía política).

Doutra banda, o proceso industrializador favoreceu unha forte inmigración, que supuxo unha ruptura da sociedade tradicional vasca. Como reacción, fortaleceuse unha corrente de defensores da lingua e mais da cultura vascas, contrarios ó proceso de españolización provocado pola chegada de traballadores doutras rexións de España denominados despectivamente “maketos”. Estes traballadores van ser considerados como seres inferiores e destrutores das esencias vascas:

“El maketo, ¡he ahí el enemigo! Y no me refiero o uno clase determinada de maketos, sino a todos en general: todos los maketos, aristócratas y plebeyos, burgueses y proletarios, sabios e ignorantes, buenos y malos, todos son enemigos de nuestra Patria (…). Y entiéndase que no los aborrecemos porque sí. (…) Pero el español (…) es nuestro dominador y nuestro parásito nacional: nos ha sometido privándonos de la condición o que todo hombre y todo pueblo tiene derecho, la libertad (…).” Sabino ARANA Y GOIRi. Obras completas

“La fisonomía del bizkaino es inteligente y noble; lo del español, inexpresiva y adusta. (…) El biz-

kaino es inteligente y hábil para toda clase de trabajos; el español es corto de inteligencia y carece de maña para los trabajos más sencillos .Preguntádselo a cualquier contratista de obras, y sabréis que un bizkaino hace en igual tiempo tanto como tres maketos juntos. El bizkaino es laborioso (…); el español, perezoso y vago (…). El bizkaino degenera en carácter si roza con el extraño; el español necesita de cuando en cuando una invasión extranjera que lo civilice.”

Sabino ARANA Y GOIRI. ¿Qué somos?. Bizkaitarra, n°29.30-VI-1895

Sabino Arana e a fundación do PNV

Foi neste contexto cultural e político no que Sabino Arana recollendo a tradición foralista, formulou os principios orixinarios do nacionalismo vasco e impulsou a formación do Partido Nacionalista Vasco. A ideoloxía de Arana articulábase en torno ós principios da “raza vasca”, dos foros e da relixión. O seu lema foi “Deus e Lei Vella” (Jaungoikoa eta Lagizarra) e defendía a vella sociedade patriarcal desde unha perspectiva antiliberal e tradicionalista, ó mesmo tempo que avogaba pola total reintegración dos foros. O nacionalismo vasco atacaba tanto á clase dirixente vasca, considerada responsable da destrución da sociedade tradicional ó favorece-lo proceso industrializador, como ó socialismo obreiro, acusado de perturbador da orde social e estraño ás tradicións vascas dada a súa influencia entre a inmigración. En 1894 fundou o Euskeldun Batzokija, unha sociedade político-recreativa da que xurdira o PNV:

Deus e Lei Vella

“Art.3°. Jaungoikua. Bizkaya será católica-apostólica-romana en todas las manifestaciones de su vida interna y en sus relaciones con los demás pueblos.

Art.4°. Lagizarra. Bizkaya se constituirá libremente. Restablecerá en toda su integridad lo esen­cial de sus leyes tradicionales llamadas fueros. Restaurará los buenos usos y costumbres de nuestros mayores. Se constituirá, sino exclusivamente, principalmente con familias de raza euskeriana. Señalará al Euskera como lengua oficial (…).

Art.8°. Siendo Bizkaya por su raza, su lengua, su fe, su carácter y sus costumbres, hermana de Alaba, Benabarre, Guipuzkoa, Lapurdi, Nabarra y Suberoa, se ligará o confederará con estos seis pueblos para formar el todo llamado Euskelerría (Euskeria), pero sin mengua de su particular autonomía. Esta doctrina se expresa con el principio siguiente: Bizcaya libre en Euskeria libre (…).

Art. 12°. Se prohibe: la blasfemia, los cantares impíos y obscenos, los juegos de azar y los cantos genuinamente españoles.”

Sabino ARANA y GOIRI. Reglamento de Euskeldun Batzokija. 24-V-1894

Consolidación e escisión do nacionalismo vasco

Tamén no País Vasco, os anos ó redor do cambio de século foron decisivos para a consolidación do nacionalismo. No ano 1898, Sabino Arana, fundador do Partido Nacionalista Vasco, foi elixido deputado provincial por Biscaia; ó ano seguinte os nacionalistas chegaban ó Concello de Bilbao e, no ano 1907 lograban a alcaldía da cidade. O principal marco de acción política do partido era o propio País Vasco e centraba os seus esforzos electorais no control dos Concellos e das Deputacións, sobre todo de Biscaia, onde tiñan maior presenza e forza; mais non tomaban parte nas eleccións xerais españolas.

Ademais da penetración nas institucións vascas, o nacionalismo suavizou o discurso inicial de Sabino Arana, quen nos últimos anos da súa vida amosou unha certa renuncia ás súas teses máis independentistas para impulsar a transformación do PNV nun partido nacionalista, mais con obxectivos fundamentalmente autonomistas.

No ano 1913, o PNV pasou a se denominar “Comunión Nacionalista Vasca” e, co fin de atraer á burguesía ó campo nacionalista, o novo partido amosou unha postura de moderación, presentándose como un partido de orde . A Comunión obtivo os seus primeiros grandes éxitos electorais nos anos 1917 e 1918, cando por primeira vez se presentou ás eleccións xerais, nas que acadou 6 dos 7 escanos de Biscaia.

-4- O Galeguismo

En Galicia xurdiu tamén, a partir de mediados do século XIX, unha progresiva toma de conciencia das súas particularidades que foi unida á defensa da súa cultura e dos intereses económicos e políticos. O resultado foi a configuración dun heteroxéneo movemento, o galeguismo, que reivindica, con maior ou menor intensidade e radicalidade, o recoñecemento das peculiaridades de Galicia e o autogoberno do pobo galego. A pesar de que o movemento galeguista contou con destacados teóricos e defensores, o seu grao de implantación na sociedade foi moito menor que en Catalunya ou no País Vasco. Durante o século XIX o galeguismo quedou limitado a determinados círculos intelectuais e políticos, auténticas minorías elitistas, con moi escasa conexión popular; unicamente ben entrado o século XX as masas populares participarán de forma activa nas súas reivindicacións.

Ata o corte brusco que supuxo a Guerra Civil española de 1936-39, na configuración do galeguismo pódese apreciar un continuo proceso evolutivo no que se diferencian con claridade tres fases: provincialismo (1840-1885), rexionalismo (1885-1916) e nacionalismo (1916-1936):

Provincialismo

En torno a década de 1840 xorden en Galicia as primeiras manifestacións dun pensamento e dunha actuación política nos que aparecen tanto a defensa de Galicia e da súa maneira de ser como a crítica ó centralismo.

Estas primeiras manifestacións do particularismo galeguista obedecen a diferentes factores e razóns. Politicamente están relacionadas cos distintos movementos provincialistas que se dan en toda España, encadrables na problemática da definición do modelo de Estado. Así, fronte á centralización política desenvolvida polos moderados, certos sectores do liberalismo progresista e democrático defenderon a descentralización do poder, xustificaron a preeminencia do local e, nalgúns casos, propugnaron a formación dun Estado federal. Culturalmente están relacionadas cos movementos que en toda Europa, influenciados polo romanticismo, potenciaron o estudio e a defensa dos elementos diferenciadores e identificadores da propia comunidade: a súa historia, cultura e lingua.

O descubrimento de Galicia como unha unidade independente doutros pobos foi froito do labor da denominada xeración de 1846, un fato de homes entre os que destaca Antolín Faraldo, que a través dos seus escritos puxeron de manifesto as principais características diferenciadoras de Galicia (lingua, costumes, historia, economía…) e os problemas que padecía

A primeira posta en práctica destas ideas manifestouse con forza no pronunciamento de 1846. Encabezado por Miguel Solís y Cuetos contra o goberno dos moderados de Narváez, propiciou a formación en Santiago dunha Junta Superior del Gobierno de Galicia que denunciou a explotación que padecía o pobo galego.

Trala experiencia de 1.846, a reivindicación dun goberno galego foi desenvolvida e apoiada poio federalismo. Durante a I República tentouse organizar un Cantón Galego e a pesar do seu fracaso, o sentimento federalista rexurdiu de novo aprobando en 1887 un Proyecto de Constitución para el Estado Galaico no que se establecía a soberanía do pobo galego, os seus dereitos democráticos e os seus órganos de goberno (Asemblea rexional e Consello executivo)

Paralelamente, no eido da cultura, desenvolveuse un activo movemento de recuperación histórica e literaria, o Rexurdimento, protagonizado por Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquezf Francisco Añón… A eles debeuse o inicio do movemento de recuperación e defensa do emprego do galego como lingua non só popular senón tamén literaria. Os historiadores, fundamentalmente Benito Vicetto e Manuel Murguía (que publican a partir de 1865 cadansúa Historia de Galicia) contribuíron a subministrar argumentos ó nacente galeguismo xustificando o dereito a dispor dunha organización política propia que recoñecese a situación xeográfica especial de Galicia, a presenza duns costumes e dunha lingua diferentes, a existencia dun pasado glorioso e, sobretodo, na crenza dunhas orixes do pobo galego vinculados á “raza celta”, considerada superior a dos restantes pobos peninsulares (celtismo).

Rexionalismo

De modo paralelo ó que sucede noutras zonas de España, na década de 1880, aparece en Galicia claramente configurado un movemento de carácter rexionalista, é dicir, un movemento que busca, xustifica e defende especificamente para Galicia tanto o emprego da lingua propia como a consecución do dereito á autonomía política e administrativa sen rachar a unidade do Estado español. A defensa do rexionalismo galego foi formulada dende dúas posturas ideolóxicas diferentes: unha liberal liderada por Manuel Murguía e outra conservadora,tradicionalista e católica representada por Alfredo Brañas.

Foi Murguía o primeiro defensor da existencia dunha nacionalidade galega diferente ás demais xustificando a súa realidade en razóns étnicas, idiomáticas, xeográficas, e históricas. Partindo dunha posición liberal, Murguía reivindicou para Galicia o dereito a recobra-la súa autonomía política que só se podía lograr mediante unha ampla descentralización administrativa e económica,

Sen embargo foi Alfredo Brañas quen mellor sistematizou as reivindicacións e formulacións do rexionalismo galego. Nas súas obras Brañas tratou de fundamenta-las bases dun rexionalismo que puidese ser aplicado a todas aquelas comunidades que tivesen as mesmas aspiracións á autonomía política dentro de España e que resolvese o problema diferencial dos distintos pobos hispanos; defendeu a idea da dobre patria (a grande e a pequena) coa finalidade de conxuga-las reivindicacións rexionalistas coa unidade de España e avogou pola formación de institucións propias para o goberno das rexións, Sen embargo, a súa defensa do rexionalismo baseouse en presupostos antiliberais e tradicionalistas (inclusión do catolicismo como trazo fundamental da alma galega, composición das futuras institucións políticas rexionais que significaban a volta ó corporativismo social e gremial…)

Foi tamén nesta época cando apareceron as primeiras organizacións de tipo galeguista (Asociación Regionalista Gallega, 1891; Liga Gallega, 1897) e de defensa da lingua (Real Academia Gallega, 1906); tamén se fundaron periódicos para a difusión dos seus ideais (La Región Gallega, 1886; La Patría Gallega, 1891; A Nosa Terra, 1907). A pesar da súa forte fundamentación teórica, as realizacións políticas do rexionalismo galego foron escasas sendo, ó mesmo tempo, fortes as diverxencias que existiron entre a corrente tradicionalista e a liberal.

En 1907, fundouse Solidaridad Gallega coa intención de agrupar a tódalas persoas e grupos defensores da descentralización, de participar na loita electoral e de contribuír ó fomento da riqueza de Galicia. O seu éxito foi relativo e breve, desaparecendo en 1912. A súa preocupación polos problemas da transformación agraria fixo que o agrarismo fose un dos seus trazos característicos contribuíndo a creación de sociedades solidarias de ámbito campesiño e a celebración das Asambleas Agrarias de Monforte..

(O AGRARISMO GALEGO: Xurdiu cara finais do S.XIX como un intento de resolver, por medio da organización e a mobilización campesiñas, os graves problemas que estaba a padecer a agricultura galega: pervivencia do sistema foral, minifundio, elevadas cargas impositivas, efectos da crise agraria finisecular… As primeiras asociacións (mutuas gandeiras e seguros cooperativos, sen carácter reivindicativo) apareceron a mediados dos anos oitenta, pero a grande expansión do agrarismo ten lugar despois de 1906, ano no que sae á luz unha lei que permite a legalización dos sindicatos agrarios. Despois de 1914 o movemento estendeuse e acadou unha maior unidade organizativa (Basilio Álvarez logrou agrupar en 1922, na Confederación Regional de Agricultores Gallegos., a máis de catrocentas sociedades agrarias. Pero coa chegada da ditadura de Primo de Rivera o agrarismo esmoreceu e moitos dos seus dirixentes locais foron integrados nos concellos e as deputacións primorriveiristas. A elo contribuíu a masiva redención dos foros nos anos vinte, sancionada pola Lei de Redención de 1926.)

Nacionalismo

A partir de 1916, o pensamento político galeguista afirma con rotundidade que Galicia é unha nación. Os escritos e as obras, entre outros, de Antón Vilar Ponte (Nacionalismo Gallego. Nuestra afirmación regional,1916), Vicente Risco (Teoria do nacionalismo galego) e Castelao (Sempre en Galiza, 1944) recolleron, fundamentaron e divulgaron os trazos esenciais da nación galega, analizaron os problemas que padecía e propuxeron solucións, alternativas e programas de transformación da realidade política e económica galega. Entre 1916 e 1936, a publicación A Nosa Terra foi o voceiro e órgano de expresión das inquedanzas nacionalistas.

Foron Vicente Risco e Castelao quen mellor sistematizaron e defenderon os trazos nacionais de Galicia. Segundo eles, Galicia é unha nación perfectamente diferenciada e caracterizada pola súa lingua (o galego), a súa xeografía (a Terra galega), a súa raza (céltica), o seu espírito (a alma galega, a saudade), a súa cultura e a súa historia, elementos claramente senlleiros con respecto ós demais pobos de España

Na doutrina nacionalista galega, a hora de lexitimar a existencia da nación, predomi­nan claramente os elementos organicistas, culturais e históricos fronte ós elementos políticos, tódolos nacionalistas galegos manteñen, en liñas xerais, un mesmo ideario común básico: a denuncia do atraso económico e da opresión cultural de Galicia por Castilla, a apoloxía da modernización da produción agropecuaria, a defensa da autonomía integral de Galicia, o rechazo ó separatismo e o desexo de conseguir unha fede­ración ibérica na que se poida reintegrar Portugal. As diferenzas entre eles xorden por motivos políticos e sociais. Así,o nacionalismo tradicionalista (Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde…) defendeu o predominio ideolóxico do catolicismo na sociedade galega, a hexemonía social e política da fidalguía e dos sectores intelectuais e a preeminencia dos valores e actuacións culturais como obxectivo prio­ritario do nacionalismo; en cambio, o nacionalismo democrático (Xoán Vicente Viqueira, Castelao, Alexandre Bóveda…) toma ó pobo galego como referente político das súas actuacións e busca alcanzar unha democracia compatible co pleno autogo­berno de Galicia.

No terreo organizativo,o nacionalismo galego manifestouse inicialmente a través das Irmandades da Fola. En 1916 fundouse na Coruña, impulsada por Antón Vilar Ponte, a primeira destas irmandades que rapidamente se estenderon por toda Galicia. Os seus obxectivos foron tanto a defensa, dignificación e cultivo do idioma galego como a potenciación da propia identidade e a busca de solucións para os problemas económicos e políticos de Galicia. En 1918, en Lugo, celebrouse a primeira asemblea das Irmandades da Fala, a I Asemblea Nazonalista, na que se definiu o seu programa político: a busca da autonomía integral de Galicia.

Ó movemento das Irmandades do Fala incorporáronse numerosas personalidades da cultura e da intelectualidade galega, aínda que a súa repercusión popular foi minoritaria. As diferenzas ideolóxicas e de estratexia política entre os partidarios da participación nas eleccións e os partidarios da abstención fixeron que o movemento se escindise en dúas liñas diferentes. Na IV Asemblea Nazonalista celebrada en Monforte de 1922, a meirande parte das Irmandades, encabezadas por Risco, decidiron fundar e integrarse na Irmandade Nazonalista Galega cun programa baseado preferentemente na propaganda política e de concienciación da sociedade galega e no abstencionismo electoral. En cambio,a Irmandade da Coruña, a de maior numero de afiliados, decidiu, seguindo a Luis Peña Novo, a participación política nas eleccións.

En 1924 o goberno de Primo de Rivera iniciou a represión de calquera tipo de actuación ou pro­paganda política dos nacionalismos periféricos e as actividades galeguistas quedaron reducidas so ó ámbito cultural ata a chegada da Segunda República.

Unha resposta to “As transformacións socioeconómicas na España liberal”

  1. [...] As transformacións socioeconómicas na España liberal [...]

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>