A Guerra Civil
A GUERRA CIVIL (1936-1939)
Entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939 tivo lugar unha cruenta guerra civil entre españois enfrontados en dous bandos. O goberno da República conseguiu resistir durante case tres anos, pero finalmente o triunfo foi para os militares sublevados.
1- O GOLPE E A CONFIGURACIÓN DOS BANDOS EN LOITA
a- A sublevación militar
As cinco da tarde do 17 de Xullo de 1936, en Melilla, desencadeouse a rebelión. As tropas sublevadas da Legión dominaron rapidamente a situación no Protectorado, os militares que permaneceron fieis o goberno foron fusilados. Comezaba así o golpe deseñado polo xeneral Mola, o seu obxectivo era facer unha rebelión rápida e violenta e establecer un Directorio Militar encabezado por Sanjurjo.
Nos dias 18 e 19, ó mesmo tempo que Franco se trasladaba desde Canarias no avión Dragon Rapide para tomar o mando das tropas de Marrocos, en distintas cidades da Península os militares conxurados tentan facerse co poder. Nas principais cidades fracasan, especialmente en Barcelona gracias o esforzo dos anarquistas, e en Madrid onde o pobo armado asalta o Cuartel da Montaña, pero en moitas pequenas capitais triunfan, en Galicia, tras breves enfrentamentos os sublevados fanse co control do territorio; en xeral o golpe ten éxito nas zonas máis ruralizadas e con maior peso da economía agraria (onde a resistencia popular é menor) e fracasa nas áreas máis urbanizadas e desenvolvidas economicamente. O todo caso o golpe fracasa no seu intento de tomar o país, este fracaso vai provocar unha guerra civil que dividira España en dúas zonas:
® ZONA REPUBLICANA: territorios máis desenvolvidos do norte e leste da Península (industria e agricultura de exportación). Control da maioría das grandes cidades ® problemas de abastecemento ao longo da guerra.
® ZONA SUBLEVADA: zonas agrarias do interior (Meseta Norte, Navarra e Álava, a metade de Aragón… ), Galicia, unha pequena parte de Andalucía, terrritorios non peninsulares, e n especial o Protectorado de Marrocos, donde se concentraban as mellores tropas: a Legión e os Regulares marroquís.

Forzas políticas, ecónomicas e sociais tiveron que posicionarse a favor dun dos bandos desde o inicio da guerra. A indecisión do goberno da República nos momentos iniciais dificultou a organización dos seus apoios, situación que favoreceu a actuación dos sublevados.
No bando republicano estaban os grupos que maioritariamente votaran á Fronte Popular:
Apoios sociais: masas obreiras das cidades industriais, xornaleiros do sur da Península, pequena burguesía e clases medias vinculadas aos partidos republicanos, núcleos intelectuais.
Apoios políticos: movemento obreiro (socialistas, comunistas, anarquistas), partidos republicanos, nacionalistas, incluido o PNV.
Ideolóxicamente acabara agrupando a todas as formacións anti-fascistas (doc.1) e a todos os que apoiaron as reformas republicanas e defendían unha españa laica e progresista. para eles a acción dos militares non era máis que unha rebelión contra a orde legalmente establecida. (discurso de a Pasionaria)
No bando sublevado agrupábanse todos os que estaban descontentos coas reformas republicanas:
Apoios sociais: clases dominantes (terratenentes, burguesía… ), a Igrexa, que apoia totalmente ós sublevados e fala dunha “cruzada” e grande parte da opinión pública católica, sectores das clases medias urbanas, os pequenos e medianos propietarios agrícolas do norte, unha parte importante do Exército ( aínda que moitos xenerais permaneceron fieis a república, así como a Aviación e a maior parte dos mariñeiros da Armada, a Garda Civil apoiou os sublevados agás en Barcelona e a Garda de Asalto apoiou a república
Apoios políticos: dereita conservadora (CEDA… ) e fascista (Falange), monárquicos e carlistas. Os obxectivos políticos non son incialmente unánimes: imprimir un xiro conservador á República, voltar á Monarquía, implantar un Estado fascista ao xeito italiano ou alemán…,
Ideolóxicamente todos estes grupos aparecen unidos únicamente polo seu anti-comunismo e a súa defensa da civilización cristia (doc.2), para os protagonistas da sublevación, esta foi definida como un Alzamento Nacional. A parte do país que quedou baixo o seu control foi cualificada co nome da España Nacional enfrontada os marxistas, “os rojos”.
c- a represión
A loita que se iniciou en Xullo de 1936 non foi só unha loita entre dous exércitos, senón que existían en parte dos dous bandos a pretensión de eliminar ó contrario. Neste contexto incluénse os actos de violencia, represión e terror que se levan a cabo de forma sistemática, especialmente nos primeiros meses da guerra. Na zona republicana, a desintegración das intitucións do estado provocou actuacións incontroladas. Desenvolveuse unha dura persecución de militares, terratenentes, militantes de dereita e, moi especialmente, de eclesiasticos.
Na zona sublevada os militares iniciaron unha represión sistemática e violenta de todalas forzas opositoras coa finalidade de crear un clima de terror no inimigo. Os primeiros en sufrir as consecuecias foron as autoridades civis e militares que permaneceron fieis o goberno, que foron sistematicamente executadas. Despois da ocupación dun territorio, procediase á depuración e execución de todos aqueles elementos considerados perigosos para o novo réxime: sindicalistas, masóns, republicanos, mestres, intelectuais, nacionalistas….. Os paseos, os fusilamentos nocturnos, a aplicación da lei de fugas, os xuízos sumarisimos, multiplicáronse e xenerálizaronse.
2- A INTERNACIONALIZACIÓN DO CONFLICTO:
A internacionalización da guerra (envío de combatentes e material bélico) explícase polo contexto político internacional: ascenso dos fascismos; consolidación da URSS; actitude tímida e conciliadora das democracias ante a expansión dos fascismos (prefiren “localizar” os conflictos e ven a guerra española como unha loita entre Fascismo e Comunismo). Esta actitude ten importantes consecuencias: permite alongar a duración do conflicto e inclina a balanza do bando dos militares sublevados (permite o rápido paso polo Estreito das tropas africanas, compensa a carencia de industria na zona… )
Para evitar que a guerra se convertese nun conflito internacional, as principais nacións europeas acordaron crear en Londres a primeiros de agosto de 1936 o Comité de Non-Intervención: (27 países) Estes acordos implicaban a prohibición de enviar homes e armas a ningún dos dous bandos e denunciar aos infractores. Pero Italia e Alemaña non cumpriron o pactado e prestaron, desde o primeiro momento, axuda aos militares sublevados. Ante esta situación o Comité declarouse incompetente para obrigar o cumprimento do pactado.
Apoios aos SUBLEVADOS: O réxime nazi de Hitler en Alemaña e o fascista de Mussolini en Italia axudaron militarmente aos sublevados desde o principio e sen preocuparse polo comité de non-intervención. Italia colaborou con avións e corenta mil soldados. Alemaña achegou tanques, artillería e aviación que foron decisivos em moitas accións como o bombardeo de Guernica (Lexión Condor) e uns dezaseis mil homes. O réxime portugués de Salazar colaborou coa achega de vinte mil voluntarios e facilitando o paso polo seu territorio, o que supuxo unha axuda importante. Hai que sumar a contribución dos cen mil regulares marroquís.
Franco tamén contou coa colaboración de capitalistas americanos (combustible da Texaco e da Standard Oil, camións, armas…. A axuda internacional foi decisiva para a vitoria dos rebeldes.
(doc.2)
Apoios á REPÚBLICA: A República tivo grandes dificultades para adquirir subministracións e material de guerra debido á política de non intervención das democracias occidentais e ao peche de fronteiras. A República contou con axuda da Unión Soviética, que proporcionou cadros técnicos víveres e armamento, en parte costeado con fondos do Banco de España (o “ouro de Moscova”). Outro gran apoio foi o das Brigadas Internacionais (voluntarios esquerdistas procedentes de toda Europa e América, importante apoio moral, formaron parte de estas brigadas importantes intelectuais como Hemingway, George Orwell ou André Malraux… téñense que retirar en Novembro de 1938). México tamén apoia a causa republicana (lugar de destino de moitos exiliados republicanos ao remate da guerra).
A guerra viviuse con gran interese en todo o mundo. Parecía un enfrontamento ente democracia e fascismo, entre o exército e o pobo. Iso orixinou un amplo movemento de solidariedade cara á causa republicana entre intelectuais progresistas de todo o mundo. A destrución de Guernica ou o asasinato de García Lorca impresionaron á opinión mundial, especialmente cando se expón o Guernica de Picasso na Exposición Internacional de París de 1937.
3- EVOLUCIÓN SOCIO-POLÍTICA E IDEOLÓXICA DOS DOUS BANDOS
A evolución foi moi distinta nas duas zonas, mentra as divisións foron permanentes no bando repúblican, na zona franquista implantouse unha férrea dictadura.
a- A España republicana: división
O máis destacado foi a fragmentación do esforzo militar e dos proxectos políticos nunha continua dialéctica entre duas posturas opostas:
-Converter a guerra nunha revolución :“revolución e guerra”, (doc.3), defendida por anarquistas e trotskistas do P.O.U.M., consideraban que a victoria só podía ser lograda se a guerra se abordaba con métodos revolucionarios, abandoando a organización política e militar tradicional e creando milicias e comunas colectivistas. Así xurde en moitas zonas controladas pola CNT unha revolución social colectivista: colectivización da propiedade industrial, os servizos e a propiedade agraria en Cataluña; extensión das colectivizacións agrarias en Aragón e outras zonas rurais, expropiaronse cerca de 5.500.000 héctareas e participaron nesta auténtica revolución social agraria uns 3 millóns de campesiños.
- “primeiro a guerra”, esta tese era defendida polos comunistas e sectores do PSOE. (docs. 4 e 5) Pensaban que a victoria só podía acadarse se a guerra se planificaba en termos convencionais: debía establecerse o poder do goberno central, debía crearse um exército regular e disolver as milicias, había que deter a revolución…. o enfrontamento era inevitable.
Evolución política:
Durante os primeiros dia no ámbito político prodúcese unha fragmentación e unha “crise de autoridade” a comezos da guerra (situación de “dobre poder“: goberno/organizacións e milicias obreiras). Podemos distinguir tres etapas:
1-Goberno Giral® Xullo.36: dimisión do goberno de Casares e formación doutro presidido por Martínez Barrio para tentar negociar cos rebeldes ® fracasa e aos poucos días xéstase outro presidido por José Giral: entrega armas ás milicias dos partidos, disolve o Exército e forma un novo integrado por voluntarios e encabezado pola oficilidade fiel á República ® na práctica, o control da situación está en mans dos comités creados polas organizacións obreiras.
2-Goberno Largo Caballero® Set.36-Maio.37: goberno de concentración (republicanos, socialistas, comunistas, anarquistas) presidido por Largo Caballero (socialista) ® Intenta restablecer a autoridade, frear as colectivizacións e darlle unha dirección unificada á guerra (militarización das milicias dos partidos para a formación do novo “Exército Popular”). Esto provocara os “Sucesos de Maio do 37“: enfrontamento armado en Barcelona entre os anarquistas (partidarios da “revolución na guerra” e apoiados polos trotskistas do POUM – Partido Obreiro de Unificación Marxista-) e os comunistas estalinistas (partidarios de frear a revolución e fortalecer o Estado republicano) ® derrota anarquista e debilitamento da posición de Largo Caballero, que presenta a súa dimisión
3-Goberno Negrín® Maio.37-Marzo.39: Goberno do socialista Negrín (comunistas como principal apoio, aínda que participan tamén socialistas e republicanos) ® céntrase no fortalecemento do poder republicano e os esforzos bélicos ® en 1938 presenta aos sublevados dous planos de cese das hostilidades/mantemento das institucións democráticas, que son rechazados ® deposto en Marzo do 39 polo “golpe” do coronel Casado, o 1 de Abril todo termina.
b- A España franquista: ditadura
A carencia dun proxecto unificado entre os apoios sociais e políticos do alzamento determina a supremacía do Exército e a súa conversión en columna vertebral do novo Estado. No plano social: realización da “contrarrevolución” paralización da reforma agraria, derogación da lexislación laica republicana (supresión do matrimonio civil e do divorcio, restablecemento do culto relixioso no ensino e o exército, retribución estatal ao clero… ), A igrexa é outro dos baluartes do réxime, non esquenzamos que calificaron a guerra coma unha cruzada. Tamen pretenden a “supresión” da loita de clases (Foro do Traballo -1938- inspirado na doutrina social da igrexa e no fascismo: prohibición de folgas, integración da clase obreira en sindicatos “verticais”… ). Todo isto foi acompañado por unha sistemática e feroz represión dirixida dende o poder para sembrar o terror: execucións masivas, paseos, sacas, depuracións tinguiron o país de sangue.
Evolución política: A insurrección militar apareceu ó principio máis como un ataque ó goberno da Fronte Popular pero pronto pasouse a repudiar todo o sistema democrático. Este ataque foi realizandose a través de distintas actuacións:
1- progresiva concentración de poderes na persoa do xeneral Franco (favorecido pola morte en accidente de aviación do “xefe natural” do alzamento, Sanjurjo e o apoio italiano e alemán). Em Xullo de 1936 creárase unha Xunta de Defensa Nacional con sé en Burgos presidida polo xeneral Cabanellas e integrada por Mola, Queipo e o propio Franco, para coordinar os esforzos da guerra.
En setembro, e ante a necesidade dun mando único, a Xunta decidiu escoller a Franco que acrecentera seu prestixio cos éxitos do exército africano: Franco é nomeado Xefe do Goberno e Xeneralísimo dos Exércitos, asesorado por unha “Xunta Técnica do Estado”. Franco ten a partir deste momento plenos poderes, xa é unha ditadura.
2- A unidade política conseguiuse a través dun proceso de unificación entre o carlismo e a Falanxe que desembocaría na imposición da xefatura de Franco. Polo Decreto de unificación (Doc. 6) de abril de 1937 crease un partido único (Falange Española Tradicionalista y de las JONS) que unifica a falanxistas e carlistas e no cal se integran todos os apoios políticos do réxime baixo o mando supremo de Franco. Toda disidencia é perseguida (Manuel Hedilla, novo xefe de falanxe e condeado a morte, indultado e encarcerado.) En Xaneiro do 38: formación do primeiro Goberno propiamente dito. Franco concentra a Xefatura do Estado, a Xefatura do Goberno e a Xefatura do Partido, ademais da do exército. O 1 de Abril os rebeldes ganaban a guerra, pero a represión continuou (doc. 7) España estaba en ruinas: unha España onde o Partido, a Igrexa e o Exército serían os piares dunha longa ditadura que se prolongaría ata a morte do ditador en 1975.
4- A EVOLUCIÓN DAS OPERACIÓNS BÉLICAS:
Þ 1936: A marcha sobre Madrid: ® Os exércitos africanos atravesan o Estreito (Para pasar as tropas regulares á península Franco necesitou pedir apoio ás forzas nazis e fascistas, xa que o estreito de Xibraltar estaba controlado polas tripulacións da escadra republicana, que se amotinaran contra os oficiais rebeldes. Hitler envioulle a Franco unha partida de 20 Junker e 6 cazas Heinkel.
Pola súa banda Mussolini enviou unha escuadrilla de 12 bombardeiros e 2 buques mercantes con cazas) e avanzan cara Madrid (conquista de Mérida, Badajoz e Toledo, o seu avance e imparable e nel empregan o terror contra a poboación civil) chegando ás súas portas a finais de Outubro. O Goberno da República trasládase a Valencia. A mobilización xeral do pobo madrileño e a chegada dos primeiros “brigadistas” (apoio moral) frustran a conquista da capital, Madrid sera sitiada e bombardeada durante tres anos . (No Pasaran)
® Tropas leais e columnas anarquistas catalanas atacan Aragón: estabilizan o frente pero non consiguen conquistar as capitais.
Þ 1937: Madrid e o frente do Norte ® Proseguen os intentos de tomar Madrid ou de aillala do resto da España republicana ® fracasan nas batallas do Jarama e Guadalajara (Febreiro-Marzo). O exércitos franquistas concentrarán os seus esforzos en outras zonas.
® Ao mando do xeneral Mola iníciase a conquista do Norte peninsular: entre Marzo e Outubro a República vai perdendo definitivamente o control da zona. Primeiro bombardeo sobre unha poboación civil .
® <!–[endif]–>Ofensivas republicanas para aliviar a presión sobre Madrid e o Norte en Brunete e Belchite. O exército republicano conquista Teruel.
Þ 1938-39: As ofensivas finais e o remate da guerra:
® 1938: os exércitos de Franco reconquista Teruel e avanzan cara o Mediterráneo: o territorio republicano queda dividido en dous e Cataluña aillada do resto (Abril).
® A república responde co seu maior esforzo bélico: os seus exércitos atravesan o Ebro e inician a batalla máis dura da guerra (Batalla do Ebro, Xullo-Novembro) ® ao final téñense que retirar ás posicións iniciais diante do contraataque do exército franquista.
® 1939: o Exército sublevado conquista Cataluña (Xan–Febr.). Francia e Inglaterra recoñecen ao goberno franquista. Desmoralización do Exército e as autoridades republicanas (dimisión do presidente da República, M. Azaña). A República só controla a zona centro (Madrid e o Levante)
® O presidente do goberno (Negrín), co apoio dos comunistas, é partidario de resistir ata o final (tratando de agardar polo desencadeamento da guerra en Europa) ® o coronel Casado (co apoio de socialistas moderados como Besteiro e milicias anarquistas) dá un golpe de Estado e intenta negociar a paz con Franco o final da guerra ® Pero Franco só acepta unha rendición sen condicións: a finais de Marzo conquista Madrid e o Levante. Final da guerra.
Trala finalización da guerra decenas de milleiros de españois tiveron que exiliarse, calculase que máis de 500.000, pero para os que quedaron non habería piedade: os fusilamentos continuaron e centenares de presos foron condeados a traballos forzados ( Valle de los Caídos…)


Presentación « Historias dixo
[...] A Guerra Civil [...]