Historias

de España e do Mundo, para o Bacharelato

Presentación

Publicado por ferprival on 3 Novembro, 2008

Esta é a páxina que utilizo para impartir as miñas clases de historia no Instituto Xelmirez I de Santiago de Compostela. A súa publicación ten, xa que logo, únicamente fins didácticos. Nela aparecen textos e esquemas dos libros de texto utilizados neste curso da editorial Consorcio Editorial Galego. Nela hai dous tipos de contidos: nas páxinas dos temas aparecen os temas de Historia de España tal como os explicamos na clase. De momento temos:

Inicios e consolidación do réxime liberal (1808-1874) (inclue guerra de independencia, Fernando VII, Isabel II e sexenio)

As transformacións socio-económicas na españa liberal ( inclue desamortizacións, industrialización, movemento obreiro e nacionalismos)

A Segunda República

A Guerra Civil

O franquismo

En anotacións, aparecen imaxes e vínculos para as clases de Historia Contemporánea de Primeiro de Bacharelato. Este curso iniciamos tamén clases de Xeogrfía e Historia de Galicia para segundo de bacharelato, espero poder colgar algún dos traballos dos brillantes alumnos que conforman o grupo. Un sáudo e gracias por visitar a páxina. Se queredes mandarme comentarios persoais ou propostas de mellora podédelos enviar a valdes@edu.xunta.es.

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>