Historias

de España e do Mundo, para o Bacharelato

Presentación

Publicado por ferprival on 3 Novembro, 2008

Esta é a páxina que utilizo para impartir as miñas clases de historia no Instituto Xelmirez I de Santiago de Compostela. A súa publicación ten, xa que logo, únicamente fins didácticos. Nela aparecen textos e esquemas dos libros de texto utilizados neste curso da editorial Consorcio Editorial Galego. Nela hai dous tipos de contidos: nas páxinas dos temas aparecen os temas de Historia de España tal como os explicamos na clase. De momento temos:

Inicios e consolidación do réxime liberal (1808-1874) (inclue guerra de independencia, Fernando VII, Isabel II e sexenio)

As transformacións socio-económicas na españa liberal ( inclue desamortizacións, industrialización, movemento obreiro e nacionalismos)

A Segunda República

A Guerra Civil

O franquismo

En anotacións, aparecen imaxes e vínculos para as clases de Historia Contemporánea de Primeiro de Bacharelato. Este curso iniciamos tamén clases de Xeogrfía e Historia de Galicia para segundo de bacharelato, espero poder colgar algún dos traballos dos brillantes alumnos que conforman o grupo. Un sáudo e gracias por visitar a páxina. Se queredes mandarme comentarios persoais ou propostas de mellora podédelos enviar a valdes@edu.xunta.es.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario »

Os fascismos: esquema e enlaces

Publicado por ferprival on 14 Abril, 2008

Tema 9: Os fascismos

Enlaces:

Nesta páxina podes baixarte uns fantásticos esquemas dos fascismos. E nesta as caracteristicas xerais dos fascismos.

No Blog de Xosé Antón ven un gran resumo do fascismo con númerosos enlaces e videos, aproveito para agradecerlle a Xosé Antón a inspiración que me deu para crear esta páxina.

a web de clasehistoria tamén é moi completa

Esquema:

1- Factores da crise das democracias

  1. Auxe nacionalismos
  2. Crecemento militarismo
  3. Crise sistema parlamentario
  4. Novas forzas políticas
  5. Crises ecónomicas

2- Os sistemas fascistas

  1. Definicións: fascismo, fascismos e totalitarismos
  2. Características comúns dos sistemas fascistas

3- A Italia fascista :

1. Orixes

2. Ascenso

3. Ditadura

4- A Alemaña nazi

1. Orixes (interesante video sobre o nazismo no poder)

2. Ascenso

3. Ditadura

Caída: De Nuremberg a Nuremberg

Publicado en historia do mundo contempóraneo | Etiquetado: | Deixar un comentario »

Enlaces para a crise de 1929

Publicado por ferprival on 7 Abril, 2008

Unha serie de videos moi interesantes titulada Viva la Bolsa

O artigo completo de Groucho Marx sobre o crack.

Un gran esquema con actividades de clasehistoria.

e, por último, unha emotiva galería de imaxes elaborada por alumnos de primeiro de bacharelato.

Publicado en historia do mundo contempóraneo | Deixar un comentario »

webs da segunda república

Publicado por ferprival on 27 Marzo, 2008

Podes visitar esta páxina web que elaborei eu cando estaba no Instituto de Noia.

Tamen é moi interesante a páxina de historiasigloXX

Outro sitio interesante con actividades é o do cnice

Youtube ten un canal especial adicado a videos sobre a Segunda República e a Guerra Civil.

Unha boa páxina con documentación sobre a república.

Publicado en historia de españa | 1 Comentario »